Guia docente 2026_27
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sinale B Código Coñecementos
  B1 Comprender e dominar os conceptos básicos de sistemas lineais e as funcións e transformadas relacionadas, teoría de circuítos eléctricos, circuítos electrónicos, principio físico dos semiconductores e familias lóxicas, dispositivos electrónicos e fotónicos, tecnoloxía de materiais e a súa aplicación para resolver de problemas propios da enxeñería.
  B2 Coñecer adecuadamente o concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas.
  B3 Comprender os mecanismos de propagación e transmisión de ondas electromagnéticas e acústicas, e coñecer os seus correspondentes dispositivos emisores e receptores.
  B4 Coñecer e diferenciar os conceptos de redes de acceso e transporte, redes de conmutación de circuítos e de paquetes, redes fixas e móbiles, así como os sistemas e aplicacións de rede distribuídos, servizos de voz, datos, audio, vídeo e servizos interactivos e multimedia.
  B5 Coñecer os métodos de interconexión de redes e encamiñamento, así como os fundamentos da planificación, dimensionado de redes en función de parámetros de tráfico.
  B6 Coñecer a normativa e a regulación das telecomunicacións nos ámbitos nacional, europeo e internacional.
  B7 Coñecer as técnicas adecuadas para o desenvolvemento e a explotación de subsistemas de procesado de sinal.
  B8 Coñecer as limitacións, riscos e implicacións do uso da IA Xenerativa.
  B9 Coñecer elementos e técnicas en enxeñería biomédica e a súa aplicación na solución de problemas asociados ao diagnóstico, monitorización e terapia.
  B10 Comprender as esixencias específicas que suscitan os sistemas integrados con fortes restricións de tempo real.
  B11 Comprender o desenvolvemento actual dos servizos e aplicacións móbiles e ubicuos, así como a evolución do mercado.
  B12 Coñecer materias básicas e tecnoloxías que capaciten ó alumnado para a aprendizaxe de novos métodos e tecnoloxías, que o doten de unha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
  B13 Coñecer os métodos necesarios para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaciones, estudos, informes, planificación de tarefas e outros traballos análogos o seu ámbito específico da telecomunicación.
Sinale C Código Habilidades
  C1 Resolver os problemas matemáticos que poidan exporse na enxeñería. Aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
  C2 Programar computadores e manexar sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñería.
  C3 Comprender e dominar os conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para resolver problemas propios da enxeñería.
  C4 Utilizar aplicacións de comunicación e informáticas (ofimáticas, bases de datos, cálculo avanzado, xestión de proxectos, visualización etc.) e apoiar o desenvolvemento e explotación de redes, servizos e aplicacións de telecomunicación e electrónica.
  C5 Utilizar ferramentas informáticas de procura de recursos bibliográficos ou de información relacionada coas telecomunicacións e a electrónica.
  C6 Analizar e especificar os parámetros fundamentais dun sistema de comunicacións.
  C7 Coñecer e facer uso dos fundamentos da programación en redes, sistemas e servizos de telecomunicación.
  C8 Analizar e deseñar circuítos combinacionales e secuenciales, síncronos e asíncronos, e de utilizar microprocesadores e circuítos integrados.
  C9 Coñecer e aplicar os fundamentos das linguaxes de descrición de dispositivos hardware.
  C10 Traballar con distintas fontes de enerxía, en especial a solar fotovoltaica e térmica, e aplicar os fundamentos da electrotecnia e da electrónica de potencia
  C11 Coñecer e utilizar os conceptos de arquitectura de rede, protocolos e interfaces de comunicacións.
  C12 Construír, explotar e xestionar as redes, servizos, procesos e aplicacións de telecomunicacións, entendidas estas como sistemas de captación, transporte, representación, procesado, almacenamento, xestión e presentación de información multimedia, desde o punto de vista dos sistemas de transmisión
  C13 Aplicar as técnicas en que se basean as redes, servizos e aplicacións de telecomunicación tanto en contornas fixas como móbiles, persoais, locais ou a gran distancia, con diferentes anchos de banda, incluíndo telefonía, radiodifusión, televisión e datos, desde o punto de vista dos sistemas de transmisión.
  C14 Analizar compoñentes e as súas especificacións para sistemas de comunicacións guiadas e non guiadas.
  C15 Analizar, codificar, procesar e transmitir información multimedia empregando técnicas de procesado analóxico e dixital de sinal.
  C16 Construír, explotar e xestionar as redes, servizos, procesos e aplicacións de telecomunicacións, entendidas estas como sistemas de captación, transporte, representación, procesado, almacenamento, xestión e presentación de información multimedia, desde o punto de vista dos servizos telemáticos.
  C17 Aplicar as técnicas en que se basean as redes, servizos e aplicacións telemáticas, tales como sistemas de xestión, sinalización e conmutación, encamiñamento e encamiñamento, seguridade (protocolos criptográficos, tunelado, devasas, mecanismos de cobranza, de autenticación e de protección de contidos), enxeñería de tráfico (teoría de grafos, teoría de colas e teletráfico) tarificación e fiabilidade e calidade de servizo, tanto en contornas fixas, móbiles, persoais, locais ou a gran distancia, con diferentes anchos de banda, incluíndo telefonía e datos.
  C18 Construír, explotar e xestionar servizos telemáticos utilizando ferramentas analíticas de planificación, de dimensionado e de análise.
  C19 Describir, programar, validar e optimizar protocolos e interfaces de comunicación nos diferentes niveis dunha arquitectura de redes.
  C20 Realizar seguimento dos progresos tecnolóxicos de transmisión, conmutación e proceso para mellorar as redes e servizos telemáticos
  C21 Programar servizos e aplicacións telemáticas, en rede e distribuídas.
  C22 Construír, explotar e xestionar servizos e aplicacións de telecomunicacións, entendidas estas como sistemas de captación, tratamento analóxico e dixital, codificación, transporte, representación, procesado, almacenamento, reprodución, xestión e presentación de servizos audiovisuais e información multimedia.
  C23 Realizar proxectos de locais e instalacións destinados á produción e gravación de sinais de audio e vídeo.
  C24 Realizar proxectos de enxeñería acústica sobre: illamento e acondicionamento acústico de locais; instalacións de megafonía; especificación, análise e selección de transductores electroacústicos; sistemas de medida, análise e control de ruído e vibracións; acústica ambiental; sistemas de acústica submarina.
  C25 Construír, explotar e xestionar sistemas de captación, transporte, representación, procesado, almacenamento, xestión e presentación de información multimedia, desde o punto de vista dos sistemas electrónicos.
  C26 Realizar a especificación, implementación, documentación e posta a piques de equipos e sistemas, electrónicos, de instrumentación e de control, considerando tanto os aspectos técnicos como as normativas reguladoras correspondentes.
  C27 Aplicar a electrónica como tecnoloxía de soporte noutros campos e actividades, e non só no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.
  C28 Comprender e utilizar a teoría da realimentación e os sistemas electrónicos de control.
  C29 Especificar e utilizar instrumentación electrónica e sistemas de medida.
  C30 Analizar e solucionar os problemas de interferencias e compatibilidade electromagnética.
  C31 Analizar esquemas de procesado dixital de sinais.
  C32 Desenvolver, interpretar e depurar programas utilizando os conceptos básicos. da Programación Orientada a Obxectos (POO): clases e obxectos, encapsulación, relacións entre clases e obxectos, e herdanza
  C33 Abordar a aplicación básica das fases de análise, deseño, implementación e depuración de programas na POO.
  C34 Manexar ferramentas CASE (editores, depuradores).
  C35 Desenvolver programas atendendo aos principios básicos de calidade da enxeñería do software, tendo en conta as principais fontes existentes en normas, estándares e especificacións.
  C36 Ser capaz de utilizar a IA Xenerativa de forma ética, crítica e responsable.
  C37 Elaborar informes técnicos e de seguimento dun proxecto de telecomunicación.
  C38 Ser capaz de utilizar ferramentas software de simulación de microcontroladores.
  C39 Adquirir, acondicionar e procesar a información obtida a partir de sensores optoelectrónicos.
  C40 Aplicar as ferramentas conceptuais, teóricas e prácticas das telecomunicacións no desenvolvemento e aplicacións de sistemas de radar e teledetección.
  C41 Aplicar as ferramentas conceptuais, teóricas e prácticas das telecomunicacións no desenvolvemento e aplicacións de sistemas de navegación e comunicacións por satélite.
  C42 Implementar esquemas de procesado dixital de sinais en dispositivos programables.
  C43 Interactuar con sinais de radio dixitalmente.
  C44 Aplicar métodos numéricos á resolución de problemas acústicos.
  C45 Identificar problemas de ruído industrial e deseñar solucións de control a medida.
  C46 Desenvolver a arquitectura necesaria para garantir a interoperabilidade dos dispositivos IoT.
  C47 Construír redes e definir protocolos que permitan a comunicación entre dispositivos IoT.
  C48 Ser capaz de comunicarse oralmente e por escrito en lingua galega.
  C49 Manexar especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
  C50 Coñecer e aplicar elementos básicos de economía e de xestión de recursos humanos, organización e planificación de proxectos, así como de lexislación, regulación e normalización nas telecomunicacións
  C51 Manexar ferramentas software que apoien a resolución de problemas en enxeñería.
  C52 Utilizar ferramentas informáticas de procura de recursos bibliográficos ou de información.
Sinale D Código Competencias
  D1 Demostrar autonomía para aprender novos coñecementos e técnicas adecuados para a concepción, o desenvolvemento ou a explotación de sistemas e servizos de telecomunicación.
  D2 Avaliar as vantaxes e inconvenientes de diferentes alternativas tecnolóxicas de despregamento ou implementación de sistemas de comunicacións, desde o punto de vista do espazo do sinal, as perturbacións e o ruído e os sistemas de modulación analóxica e dixital.
  D3 Concibir, despregar, organizar e xestionar redes, sistemas, servizos e infraestruturas de telecomunicación en contextos residenciais (fogar, cidade e comunidades dixitais), empresariais ou institucionais responsabilizándose da súa posta en marcha e mellora continua, así como de coñecer o seu impacto económico e social.
  D4 Seleccionar circuítos, subsistemas e sistemas de radiofrecuencia, microondas, radiodifusión, radioenlaces e radiodeterminación.
  D5 Ser capaz de seleccionar antenas, equipos e sistemas de transmisión, propagación de ondas guiadas e non guiadas, por medios electromagnéticos, de radiofrecuencia ou ópticos e de xestionar o espazo radioeléctrico e a asignación de frecuencias.
  D6 Deseñar arquitecturas de redes e servizos telemáticos.
  D7 Analizar, especificar, realizar e manter sistemas, equipos, cabeceiras e instalacións de televisión, audio e vídeo, tanto en contornas fixas como móbiles.
  D8 Crear, codificar, xestionar, difundir e distribuír contidos multimedia, atendendo a criterios de usabilidade e accesibilidade dos servizos audiovisuais, de difusión e interactivos.
  D9 Seleccionar circuítos e dispositivos electrónicos especializados para a transmisión, o encamiñamento ou encamiñamento e os terminais, tanto en contornas fixas como móbiles.
  D10 Deseñar circuítos de electrónica analóxica e dixital, de conversión analóxico-dixital e dixital-analóxica, de radiofrecuencia, de alimentación e conversión de enerxía eléctrica para aplicacións de telecomunicación e computación.
  D11 Deseñar dispositivos de interface, captura de datos e almacenamento, e terminais para servizos e sistemas de telecomunicación.
  D12 Elaborar propostas de proxectos técnicos conforme aos requirimentos especificados nunha convocatoria
  D13 Liderar a dirección técnica dun proxecto de telecomunicación.
  D14 Dirixir a xestión económica e de recursos humanos dun proxecto de telecomunicación.
  D15 Deseñar o hardware e o software de sistemas baseados en microcontroladores
  D16 Deseñar circuítos baseados en dispositivos optoelectrónicos para a súa utilización en sistemas de telecomunicación.
  D17 Deseñar e sintetizar sistemas dixitais complexos por medio de linguaxes de descrición de hardware.
  D18 Seleccionar circuitos, subsistemas e sistemas de observación remota.
  D19 Seleccionar subsistemas e sistemas de navegación e comunicacións por satélite.
  D20 Construír, explotar e xestionar sistemas de xeración de imaxe e vídeo sintético e aplicacións multimedia interactivas.
  D21 Deseñar dispositivos IoT seleccionando os sensores/actuadores máis adecuados para cada uso.
  D22 Deseñar e despregar sistemas de procesado de datos a gran escala.
  D23 Realizar un exercicio orixinal individualmente consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñería de Telecomunicación de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nos ensinos. Presentalo e defendelo ante un tribunal universitario.
  D24 Desenvolver a autonomía suficiente para levar a cabo traballos do ámbito temático das Telecomunicacións en contextos interdesciplinares
  D25 Concibir a Enxeñería nun marco de desenvolvemento sostible.
  D26 Tomar conciencia da necesidade dunha formación e mellora continua de calidade, mostrando unha actitude flexible, aberta e ética ante opinións ou situacións diversas, en particular en materia de non discriminación por sexo, raza ou relixión, respecto aos dereitos fundamentais, accesibilidade etc.
  D27 Favorecer o traballo cooperativo, as capacidades de comunicación, organización, planificación e aceptación de responsabilidades nun ambiente de traballo multilingüe e multidisciplinar, que favoreza a educación para a igualdade, para a paz e para o respecto dos dereitos fundamentais.
  D28 Ser capaz de redactar, desenvolver e asinar proxectos no ámbito da enxeñería de telecomunicación que teñan por obxecto a concepción e desenvolver ou explotar redes, servizos e aplicacións de telecomunicación e electrónica
  D29 Coñecer, comprender e ser capaz de aplicar a lexislación necesaria durante o desenvolvemento da profesión de Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación e mostrar facilidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
  D30 Resolver problemas con iniciativa, para la toma de decisiones, la creatividad, y para comunicar y transmitir conocimientos, habilidades y destrezas, comprendiendo la responsabilidad ética y profesional de la actividad del Ingeniero Técnico de Telecomunicación.
  D31 Analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas.
  D32 Traballar nun grupo multidisciplinar e nun entorno multilingüe e de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas relacionadas cas telecomunicacións e a electrónica.
  D33 Realizar lectura crítica de documentos científicos.
  D34 Saber aproximarse a un problema novo abordando primeiro o esencial e despois o accesorio ou secundario.
  D35 Dispoñer da capacidade de discusión sobre cuestións técnicas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000