Nesta materia preséntanse os aspectos fundamentais relacionados coa estrutura dos compostos orgánicos, e as súas reaccións. Prestarase especial atención aos métodos e técnicas de polimerización, e aos produtos químicos intermedios máis frecuentemente empregados a escala industrial, así como a outros sectores de interese na industria química orgánica.