Guia docente 2025_26
Facultade de Comercio
Grao en Comercio
 Materias
  Matemáticas comerciais
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2025_26
Materia Matemáticas comerciais Código V06G271V01108
Titulación
Grao en Comercio
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Economía financeira e contabilidade
Coordinador/a
Cabaleiro Casal, Roberto
Correo-e rcab@uvigo.es
Profesorado
Cabaleiro Casal, Roberto
Web http://euee.uvigo.es
Descrición xeral Este curso proporciona as ferramentas económicas necesarias para entendermos o mercado de traballo. Poderemos así responder a preguntas clave como cales serán os efectos da intelixencia artificial, da inmigración, dos impostos ou doutras políticas públicas sobre o emprego e os salarios de traballadores de diferentes habilidades. Ou por que, a pesares dos avances en igualdade, persisten as fendas de xénero ou a discriminación contra certos colectivos. Buscaremos, por tanto, entendermos que determina o nivel dos salarios, e tamén a súa desigualdade, ou a existencia de discriminación contra colectivos específicos.
Para todo iso, o curso abordará como os salarios e o emprego que observamos son o resultado das forzas do mercado, moldeadas pola demografía, a situación macroeconómica ou a estrutura dos mercados, as institucións laborais e as políticas públicas. Comezaremos pola oferta de traballo: quen decide traballar e canto, como se forma a cualificación das persoas e como esta se axusta ao longo da vida ou ante cambios no contorno económico. Despois pasamos á demanda: por que as empresas contratan, que tarefas necesitan cubrir e que papel xogan os custos salariais e a tecnoloxía, desde a automatización recente ata a incerteza que abre a intelixencia artificial.
O curso segue un enfoque mixto, combinando as predicións dos modelos teóricos coas grandes leccións da evidencia empírica. Na parte práctica o estudante traballará con datos reais do mercado de traballo e coa literatura económica máis relevante.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000