A materia será impartida íntegramente polas profesoras Ana Insua Pombo e María Elena Rodríguez García-Rendueles, ambas da UDC. O profesor responsable da materia na UVIGO será Raúl Iglesias Blanco.
Trátase dunha materia na que se pretende presentar aos alumnos os aspectos básicos da biotecnoloxía animal. Inclúe comprender os fundamentos de ferramentas moleculares para o estudo de genomas e como a través de marcadores moleculares podénse identificar especies, analizar poboacións e desenvolver programas de mellora. Tamén coñecer ferramentas e aplicacións de tecnoloxías para a manipulación cromosómica e fertilización in vitro.
Como parte da materia, contémplase unha visita a unha empresa do sector e a intervención dun especialista doutra institución académica.