A materia está deseñada para que o estudantado coñeza os principais aspectos relacionados coa hixiene e a seguridade alimentarias, así como coa trazabilidade, prestando especial atención aos riscos alimentarios máis relevantes e aos procedementos analíticos máis avanzados empregados para a súa detección. Na docencia desta materia contarase coa participación, como profesoras externas, da Dra. Ana Gago Martínez e da Dra. Ana Canals Caballero.