Estratexias de Innovación Docente no Campo das Linguas Estranxeiras
Código
V02M066V09232
Titulación
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Linguas e Literaturas. Linguas Estranxeiras
Dende unha perspectiva marcadamente práctica, esta materia tratará de que o alumnado se familiarice coas nocións de innovación docente e competenza dixital docente. Logo de familiarizarse con, e analizar, certas metodoloxías innovadoras e un amplo repertorio de ferramentas e recursos dixitais, o alumnado desenvolverá numerosas actividades nas que fará uso das aplicacións e creará proxectos/materiais innovadores nos que deberá por en práctica o coñecemento e as destrezas adquiridas.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.