Guia docente 2026_27
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación simultánea avanzada idioma 1: Inglés-Español
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2026_27
Materia Interpretación simultánea avanzada idioma 1: Inglés-Español Código V01G230V01901
Titulación
Grao en Tradución e Interpretación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 4 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Tradución e lingüística
Coordinador/a
Domínguez Araújo, Lara
Correo-e laradoar@gmail.com
Profesorado
Domínguez Araújo, Lara
Web
Descrición xeral Esta materia, de carácter eminentemente práctico, ten como obxectivo que o alumnado consolide as competencias necesarias para interpretar na modalidade de simultánea entre inglés e castelán. Así, espérase que ao longo do cuadrimestre o alumnado sexa capaz de:
-- Desenvolver as súas capacidades de comprensión, escoita activa, memoria, análise e síntese do discurso, reformulación, división da atención, axuste do décalage, escoita propia, adaptación, corrección e capacidade comunicativa nas linguas de traballo.
-- Aumentar a súa cultura xeral, saber documentarse e prepararse para interpretar conferencias sobre un tema determinado.
-- Interpretar con profesionalidade na modalidade de simultánea e na súa lingua A discursos de especialidade producidos orixinalmente na lingua B.
-- Interpretar con profesionalidade na modalidade de simultánea e na súa lingua B discursos de especialidade producidos orixinalmente na lingua A.
-- Reflexionar sobre deontoloxía e cuestións teóricas e prácticas relativas á profesión e aplicalas á práctica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000