Ferramentas para a tradución e a interpretación IV: Revisión e corrección de textos
Código
V01G230V01701
Titulación
Grao en Tradución e Interpretación
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
6
OB
4
1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Tradución e lingüística
Coordinador/a
Sotelo Dios, Patricia
Correo-e
psotelod@uvigo.es
Profesorado
Hermida Ruibal, Ana
Sotelo Dios, Patricia
Web
Descrición xeral
A materia obrigatoria de 6 créditos ECTS que figura baixo a denominación de «Ferramentas para a tradución e interpretación IV: Revisión e corrección de textos» no Plan de Estudos Actual do Grao en Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo, e que se imparte durante o primeiro cuadrimestre na Facultade de Filoloxía e Tradución do campus vigués, pretende chamar a atención do alumnado sobre as necesidades ortotipográficas específicas á hora de revisar e corrixir textos nos procesos de edición. O obxectivo primordial desta materia é asimilar e aplicar as distintas normas elementais da ortografía técnica nos distintos tipos de corrección dun texto con obxecto de axustalo aos diversos estándares e parámetros de calidade e estilo esixidos polo editor e o medio.