Esta materia parte dun nivel medio, o que permite unha profundización dos coñecementos gramaticais, léxico-fraseolóxicos e culturais, así como tamén un maior dominio das competencias orais. Seguirase prestando especial atención á «Landeskunde» dos países xermanofalantes, con introdución ao léxico e a terminoloxía de ámbitos de especializacion (por exemplo, ciencias, política e derrito). Farase fincapé na progresión das destrezas orais e na comprensión lectora. Os contidos da materia practicaranse de forma transversal nas catro competencias. Ao superar a materia, a/o estudante acadará en todas as competencias (tanto de produción coma de comprensión) un nivel A2.2 segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. No caso particular da comprensión lectora, acadará un nivel B1, o que lle permitirá abordar con maior solvencia as materias de tradución e interpretación do alemán que cursará simultáneamente e nos seguintes cursos.