Guia docente 2025_26
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Introdución á teoría da tradución e a interpretación
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2025_26
Materia Introdución á teoría da tradución e a interpretación Código V01G230V01210
Titulación
Grao en Tradución e Interpretación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 1 2c
Lingua de impartición
#PortuguêsAmigável
Galego
Prerrequisitos
Departamento Tradución e lingüística
Coordinador/a
Pérez Rodríguez, José Henrique
Correo-e jhpr@uvigo.gal
Profesorado
Pérez Rodríguez, José Henrique
Web http://jhpr.webs.uvigo.gal
Descrición xeral Aprendizaxe dos contidos de tipo teórico necesarios para formarse como tradutor / intérprete e desenvolvemento das competencias necesarias para aplicar eses contidos a casos prácticos. O curso está estruturado en cinco grandes bloques. O primeiro aborda a realidade da tradución so unha perspectiva epistemolóxica, procurando delimitala e definila, ao mesmo tempo que se analisan as súas relacións con outras realidades afíns. No segundo bloque, fornécense algúns coñecementos xerais (externos) sobre as linguas e a tradución, abordando a cuestión da posibilidade da tradución. O terceiro bloque, que constitúe o núcleo do programa, apresenta a evolución recente da tradutoloxía mediante a referencia a certos autores e escolas seleccionados, sendo nese encadramento que se tratarán aspectos centrais da análise. No cuarto bloque inclúense algúns estudos recentes realizados a partir de disciplinas como a psicolingüística, a sociolingüística, etc. Finalmente, o quinto e último bloque estará centrado na realización de comentarios tradutolóxicos e en aspectos relativos á profesión de tradutor.

Materia do programa Portugués amigábel. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao corpo docente: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en portugués b) atender as titorías en portugués, c) probas e avaliacións en portugués.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000