Educational guide 2025_26
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Ciencia política: Gobernanza, globalización e dereitos humanos
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2025_26
Materia Ciencia política: Gobernanza, globalización e dereitos humanos Código P07G095V01105
Titulación
Grao en Dirección e Xestión Pública
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
#PortuguêsAmigável
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Ricoy Casas, Rosa María
Correo-e rricoy@uvigo.gal
Profesorado
Ricoy Casas, Rosa María
Web
Descrición xeral O curso ten como obxectivo capacitar o alumnado para recoñecer o significado, o contido e as diversas teorías sobre gobernanza, globalización e dereitos humanos; identificar problemas éticos e morais a nivel internacional, analizando a relación entre a gobernanza e a mellora da calidade democrática, e o problema da corrupción e a desafección política. Tamén pretende capacitar o alumnado para identificar os fundamentos da política internacional comparada nun contexto de globalización e as ferramentas para a construción de consenso entre os estados.

Esta é unha Materia do programa English Friendly e Portugués Amigavel: O alumnado iinternacionaL poderá solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés ou portugués, b) atender as titorías en inglés ou portugués, c) probas e avaliacións en inglés ou portugués.

Descrición do programa English Friendly e Portugués Amigável: son materias de graos e mestrados oficiais da Universidade de Vigo que se imparten en castelán/galego, pero nas que o profesorado adquire os seguintes compromisos: Indicar o carácter English Friendly e Portugués Amigável da materia na guía docente, segundo o procedemento indicado pola Vicerreitoría; Traducir a guía docente da materia ao inglés e portugués durante o período de edición das guías docentes, prestando especial atención a descrición xeral, contidos e avaliación; Facilitar os materiais e as referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés e portugués, no caso de que así o precisase o estudantado internacional; Atender as titorías en inglés e portugués, se así o precisase o estudantado internacional; Deseñar e implementar as probas e as avaliacións en inglés e portugués, se así o precisase o/a estudante internacional; Sempre que sexa posible, as presentacións PPT ou noutro formato, subiranse ao espazo MOOVI en dúas versións (inglés e portugués, e español/galego); As prácticas/exercicios/casos de estudo ofreceranse tanto en inglés ou portugués coma en español/galego, sempre que sexa posible.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000