Esta materia ofrece unha aproximación ao proceso de investigación social conforme á lóxica e criterios científicos. Préstase atención ao deseño metodolóxico dos traballos de investigación, ás posibilidades que ofrece, especificamente, a metodoloxía cualitativa para comprender a realidade social, interpretar discursos, sentimentos, prácticas e contextos, e producir información útil para a análise e a toma de decisións no ámbito da dirección e da xestión pública.
A materia combina a reflexión metodolóxica coa aplicación práctica de técnicas cualitativas, de maneira que o alumnado poida ter criterio para valorar e construír deseños metodolóxicos, saiba identificar cando resulta pertinente empregar técnicas cualitativas, e como analizar e presentar os resultados obtidos.