Guia docente 2026_27
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Xestión da documentación pública
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2026_27
Materia Xestión da documentación pública Código P07G092V01207
Titulación
Grao en Dirección e Xestión Pública
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 2c
Lingua de impartición
#FrançaisAmical
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Gavela González, Gabriel
Correo-e gabriel.gavela.gonzalez@uvigo.gal
Profesorado
Gavela González, Gabriel
Web
Descrición xeral A política de transparencia iniciada polas administracións europeas tras a II Guerra Mundial e a cada vez maior demanda da cidadanía para acceder á información e aos documentos dos organismos públicos propoñen cuestións de enorme interese científico e práctico relacionados directamente co funcionamento das Administracións públicas contemporáneas.

A materia de Xestión da Documentación Pública vai destinada a profundar nas características do sistema de información na Administración pública co propósito de axudar ás/aos futuras/os profesionais a:
- Recuperar información procedente de diferentes fontes públicas e persoais, nos distintos niveis de goberno, con especial atención aquela xestionada en páxinas Web e bases de datos.
- Elaborar, cubrir e situar, dentro do proceso administrativo, os diferentes documentos que recollen os actos e decisións públicas, facendo énfase na súa forma material.

Materia do programa Français amical: Os/as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguemento da materia en lingua estranxeira, b) atender as titorías en lingua estranxeira, c) probas e avaliacións en en lingua estranxeira.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000