Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Gavela González, Gabriel
Correo-e
gabriel.gavela.gonzalez@uvigo.gal
Profesorado
Gavela González, Gabriel
Web
Descrición xeral
A política de transparencia iniciada polas administracións europeas tras a II Guerra Mundial e a cada vez maior demanda da cidadanía para acceder á información e aos documentos dos organismos públicos propoñen cuestións de enorme interese científico e práctico relacionados directamente co funcionamento das Administracións públicas contemporáneas.
A materia de Xestión da Documentación Pública vai destinada a profundar nas características do sistema de información na Administración pública co propósito de axudar ás/aos futuras/os profesionais a:
- Recuperar información procedente de diferentes fontes públicas e persoais, nos distintos niveis de goberno, con especial atención aquela xestionada en páxinas Web e bases de datos.
- Elaborar, cubrir e situar, dentro do proceso administrativo, os diferentes documentos que recollen os actos e decisións públicas, facendo énfase na súa forma material.
Materia do programa Français amical: Os/as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguemento da materia en lingua estranxeira, b) atender as titorías en lingua estranxeira, c) probas e avaliacións en en lingua estranxeira.