A crecente preocupación polo uso eficiente dos fondos públicos, xunto cunha orientación cada vez máis marcada das administracións cara ao servizo á cidadanía, propiciou a incorporación progresiva ás organizacións públicas de técnicas de xestión de persoas procedentes do ámbito empresarial. Esta evolución supuxo, sobre todo, unha maior toma de conciencia sobre a incidencia que as políticas de emprego e retribución, os métodos de traballo, os resultados obtidos e as actitudes do persoal teñen na eficacia e na eficiencia do sector público.
Neste contexto, a presente materia ten como finalidade favorecer o coñecemento e a análise crítica dos instrumentos e prácticas de xestión de persoas aplicables nas administracións públicas, dotando ao alumnado dunha base conceptual sólida que lle permita comprender e aplicar ditos instrumentos en contornos profesionais reais.instrumentos en entornos profesionales reales.
Materia do programa English Friendly.
Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés