Guia docente 2025_26
Facultade de Deseño
Grao en Deseño
 Materias
  Deseño de identidades
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2025_26
Materia Deseño de identidades Código P06G450V01210
Titulación
Grao en Deseño
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 2 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Debuxo
Coordinador/a
Dopico Castro, Marcos
Correo-e mdopico@uvigo.es
Profesorado
Dopico Castro, Marcos
Web
Descrición xeral Esta asignatura introduce ao alumnado no ámbito do deseño de identidades visuais e creación de marcas, ofrecendo unha base teórica e práctica para comprender os seus fundamentos e aplicacións. Abórdase o proceso de construción dunha identidade gráfica a través de conceptos clave como o entorno visual, a marca gráfica, os símbolos identificadores básicos e a arquitectura gráfica.

O curso ofrece tamén unha aproximación á semiótica e ao papel dos signos na xeración de significado, co obxectivo de dotar ao alumnado de ferramentas conceptuais para a creación de mensaxes visuais coherentes e efectivas. Estúdase o desenvolvemento de programas gráficos e sistemas de identidade visual, facendo fincapé na súa coherencia, flexibilidade e aplicación nos diferentes soportes. A tipografía adquire un papel fundamental como elemento expresivo e identificador dentro do deseño de identidade, polo que se analiza o seu uso con criterios formais e estratéxicos. A materia combina análise, experimentación e proxecto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000