Esta asignatura introduce ao alumnado no ámbito do deseño de identidades visuais e creación de marcas, ofrecendo unha base teórica e práctica para comprender os seus fundamentos e aplicacións. Abórdase o proceso de construción dunha identidade gráfica a través de conceptos clave como o entorno visual, a marca gráfica, os símbolos identificadores básicos e a arquitectura gráfica.
O curso ofrece tamén unha aproximación á semiótica e ao papel dos signos na xeración de significado, co obxectivo de dotar ao alumnado de ferramentas conceptuais para a creación de mensaxes visuais coherentes e efectivas. Estúdase o desenvolvemento de programas gráficos e sistemas de identidade visual, facendo fincapé na súa coherencia, flexibilidade e aplicación nos diferentes soportes. A tipografía adquire un papel fundamental como elemento expresivo e identificador dentro do deseño de identidade, polo que se analiza o seu uso con criterios formais e estratéxicos. A materia combina análise, experimentación e proxecto.