Laboratorio integrado: procesos de produción é unha materia de carácter teórico-práctico enfocada a:
• Comprender e poñer en práctica as capacidades creativas que os procesos de produción gráfica achegan ao desenvolvemento dun deseño.
• Identificar e analizar as técnicas, os materiais e os procesos de produción industriais e artesanais no deseño contemporáneo.
• Comprender as características fundamentais dos procesos de produción gráfica máis habituais: ófset, ófset dixital, serigrafía, flexografía, entre outros.
• Comprender a xestión e os modelos de cor, así como os formatos de arquivo dixitais nun proxecto impreso.
• Comprender a xestión e a preparación dun traballo de deseño para a súa correcta produción gráfica: artes finais e preimpresión. Análise das problemáticas mais comúns.
• Experimentar cos procesos de posimpresión: encadernación, pregado, manipulación de papel e doutros materiais nun proxecto de deseño.
• Identificar os materiais e os procesos de produción que dan soporte tridimensional ao ámbito do deseño.