Guia docente 2025_26
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Dispositivos móbiles
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2025_26
Materia Dispositivos móbiles Código O06G151V01416
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 4 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Informática
Coordinador/a
Rodríguez Conde, Iván
Correo-e irconde@esei.uvigo.es
Profesorado
Rodríguez Conde, Iván
Web http://moovi.uvigo.gal
Descrición xeral A materia impártese no primeiro cuadrimestre do cuarto curso. Aínda que non presenta requisitos formais, é imprescindible contar cunha base sólida en programación, estruturas de datos e enxeñaría do software para poder seguir o curso con aproveitamento e evitar que se converta nunha experiencia frustrante. Recoméndase, polo tanto, ter superado materias como Programación II, Algoritmos e estruturas de datos II e Enxeñaría do Software II. Tamén resulta moi conveniente dispoñer de nocións básicas de consultas SQL e de deseño de interfaces centradas no usuario.

O obxectivo da materia é introducir o alumnado no desenvolvemento de aplicacións móbiles nativas para dispositivos Android, empregando ferramentas e APIs estándar na industria. O curso pon énfase no uso da linguaxe Kotlin, no deseño de interfaces gráficas adaptativas, na conectividade con servizos remotos, na persistencia local de datos, na xestión de operacións asíncronas, e na construción dunha arquitectura sólida baseada en principios de deseño adecuados para aplicacións móbiles modernas.

A materia proporciona competencias fundamentais para o exercicio profesional no ámbito do desenvolvemento de software móbil, e permite consolidar habilidades clave para o Traballo de Fin de Grao, como o deseño e implementación de solucións completas, a integración de múltiples tecnoloxías, a aplicación de principios arquitectónicos axeitados e a capacidade de desenvolver software adaptable, mantible e orientado ao usuario.

A lingua de impartición é o castelán, aínda que parte dos recursos utilizados —documentación técnica, lecturas de referencia e vídeos explicativos— están dispoñibles unicamente en inglés.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000