Esta materia ofrece ao alumnado unha introdución sólida á Xeografía como ciencia do espazo terrestre, adaptada ás necesidades formativas do alumnado que se prepara para a docencia en educación infantil. Ao longo do curso explóranse os fundamentos da Terra e a súa representación, así como os efectos dos procesos naturais e da acción humana na configuración do espazo.
Abordanse a diversidade das paisaxes naturais, a distribución e organización da poboación, e os retos ambientais e sociais actuais que condicionan o mundo contemporáneo. Esta perspectiva busca fortalecer as competencias de análise, síntese e razoamento espacial do alumnado, ferramentas clave para integrar o coñecemento xeográfico na práctica educativa.
Así, preténdese que o alumnado adquira os coñecementos, habilidades e destrezas necesarias para ofrecer unha visión rigorosa e crítica do espazo, contribuíndo á súa formación integral e á preparación para a docencia en educación infantil.
Materia do programa #EnglishFriendly. O estudantado internacional poderá solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.