Nesta materia o alumnado completará os coñecementos básicos da lingua e das culturas de expresión portuguesa adquiridas en Lingua para turismo IIID para acadar o nivel B2. Farase de maneira fundamentalmente práctica de cara a adquirir competencias orais e escritas de xeito ameno e coa comunicación -orientada a Turismo- como obxectivo.