Fundamentos da análise económica e historia e institucións económicas
Coordinador/a
Álvarez Díaz, Marcos
Correo-e
marcos.alvarez@uvigo.es
Profesorado
Álvarez Díaz, Marcos
Web
Descrición xeral
Introdución á Economía está deseñada para ofrecer unha visión xeral dos principios básicos da ciencia económica e da súa aplicación ao sector turístico. Ao longo do curso, os estudantes adquirirán os coñecementos necesarios para comprender o funcionamento dos mercados, a toma de decisións dos axentes económicos, así como o papel das políticas públicas no contexto económico. Esta base permitirá interpretar a realidade económica actual e analizar con criterio os factores que inflúen no desenvolvemento turístico desde unha perspectiva global e sustentable.