DEREITO MERCANTIL I é unha asignatura que se imparte no primeiro cuatrimestre do terceiro curso do Grao en Dereito. Nela examínanse desde unha perspectiva xurídica diversos aspectos do fenómeno empresarial: a figura do empresario no mercado, o seu estatuto xurídico, as súas formas de organización e o réxime dos seus colaboradores. Así mesmo abórdanse a chamada propiedade industrial e outros aspectos tan relevantes como a regulación da competencia e a das situacións de crises que a empresa pode atravesar.
Materia do programa Italiano amichevole. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia na(s) lingua(s) estranxeira(s), b) atender as titorías na(s) lingua(s) estranxeira(s), c) probas e avaliacións en lingua estranxeira.