Trátase dunha materia básica que trata os aspectos básicos da ciberseguridade nas organizacións e empresas e os conceptos fundamentais de ciberseguridade, seguridade da información e seguridade na rede. Dun modo máis concreto, os contidos abarcan o modelado de ciberataques, a xestión de vulnerabilidades, a xestión e resposta de ciberincidentes e a ciberinteligencia aplicada neste mesmo ámbito.